Skip to content

Nós

Nós

Misión

En Calabizo queremos contribuír e formar parte do cambio cara a un novo sistema alimentario máis saudable e respectuoso coa nosa contorna, achegando alternativas gastronómicas innovadoras baseadas na tradición e que axuden a reducir o consumo de carne e aumentar a inxesta de vexetais, tan importantes para a nosa dieta.

Cremos na sustentabilidade e na responsabilidade social e témolo en conta á hora de elixir os nosos provedores, clientes e colaboradores. Por iso traballamos con agricultores locais, comprometidos co medio ambiente e co pequeno comercio que fai posible un mercado de proximidade.

planeta

Bó para
o planeta

animal

Libre de
crueldade animal

Saúde

Bó para
a saúde

saborosa

Saboroso

Historia

Calabizo creámolo tres mulleres emprendedoras, Edurne, Sofía e Keila; tres profesionais procedentes de diferentes sectores complementarios que decidimos unir noso “saber facer” para crear un proxecto de alimentación baseado en plantas, e desenvolver produtos veganos, saudables, elaborados de forma tradicional e cun sabor especial e auténtico.

En 2013 xorde a idea e en 2015 convertémola nunha realidade empresarial grazas ao programa de aceleración de empresas e emprendedores: VIAGALICIA, promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.

Calabizo formámolo un equipo de mulleres implicadas nun obxectivo común: satisfacer coas nosas opcións gastronómicas aos padais máis curiosos e inquietos, que buscan algo máis que comida nos alimentos que consomen.

Fundadoras

Edurne Sendra de Saá

CEO Área Xestión

Son enxeñeira agrónoma, e levo desde 1998 dedicada ao mundo da industria agroalimentaria. Comecei o meu periplo profesional centrada exclusivamente no campo e, aos poucos, fun penetrándome nas industrias transformadoras, xa que estou convencida de que a agricultura crecerá de forma sostible se as empresas agroalimentarias achegamos valor aos produtos do campo.

Sofía Calvo Arias

Área de Produción

Son enxeñeira técnica agrícola e o que realmente me gusta é a cociña, polo que case toda a miña vida profesional paseina ao redor dela. Dediquei máis de quince anos á restauración, os dous últimos especializada en restaurantes vegetarianos. Gústame crear novas receitas, polo que unha das miñas tarefas en Calabizo é pensar e desenvolver novos pratos vexetais seguindo a filosofía do noso proxecto.

Keila Pousa Arbones

Área Comercial

Son licenciada en ciencias económicas, e a miña experiencia profesional sempre estivo ligada ao sector servizos. Sempre me gustou conectar as necesidades das persoas cos servizos ou produtos que as cobren. Encántame presentar Calabizo a quen creo pódelles interesar sendo a miña tarefa principal tarefa a relación con clientes e o márketing.