Os nosos produtos
Calabizo, o primeiro embutido de cabaza,
100% vexetal
Calabizo,
o primeiro embutido
de cabaza, 100% vexetal
A orixe
Baseada nunha receita ancestral de chourizo galego de cabaza, o embutido de cabaza Calabizo é un alimento innovador.
Non existe no mercado ningún outro embutido vexetal similar ao chourizo e elaborado de forma tradicional: curado e afumado con madeira de carballo.
Un alimento de gran valor nutritivo, baixa achega calórica, alto contido en fibra, rico en antioxidantes, fonte de vitamina B6 e co sabor de sempre.
Calabizo é un embutido con aspecto, cheiro e sabor a chourizo de sempre, elaborado unicamente con ingredientes vexetais.
-
Non precisa refrixeración
-
Consumo preferente de 1 ano
-
Afumado con madeira de carballo e curado
-
Envasado ao baleiro
-
Produto feito en Galicia
Ingredientes
Cabaza (90%), Cebola, Aceite de Oliva Virxe Extra, Pemento, Sal, Allo, Ourego.
Na elaboración de 1 kg de Calabizo utilizamos 5 kg de cabaza, garantindo así, un alto contido nutricional e un saboroso bocado.
Sírvete e degústao ao teu xeito
Os calabizos ofrecen múltiples formas de degustación. A nosa recomendación é que os cociñes, e descubrirás o sabor único e inconfundible que achega a numerosos pratos e receitas.
Á prancha
A forma máis sinxela para gozar de calabizo, cocíñao cunhas pingas de aceite nunha tixola e descobre así o seu sabor!
Ideal para Barbacoa
Unha alternativa vexetal deliciosa é preparar os calabizos á grella.
Consumo en cru
Podes degustalos agora ou deixar que continúe o proceso de curación nun lugar fresco e seco fóra do envase ao baleiro.
Outras formas de preparación
Saca o chef que levas dentro e utiliza calabizo nas túas receitas: pratos de culler, potaxes, cocidos, pizzas, tortillas, arroces, pastas, guisos…
Potaxe de garavanzos con calabizo
Potaxe de garavanzos
con calabizo
A alternativa máis saudable co sabor de sempre
É a primeira potaxe vegana do mercado. Un prato listo para comer, co sabor a potaxe caseira dos de antes, elaborado unicamente con ingredientes vexetais e o noso calabizo que lle dá personalidade a este saboroso prato.
Os garavanzos proporcionan un alto grao de nutrientes, vitaminas e minerais. Teñen un gran poder antioxidante e graxas saudables que axudan á nosa saúde e proporciónannos un extra de enerxía.
Ao incluír legumes na nosa dieta, estamos a nos asegurar o consumo de proteína de boa calidade, ademais dunha importante achega de fibra, minerais e vitaminas do grupo B.
-
Non precisa refrixeración
-
Consumo preferente de 3 anos
-
Presentado en tarro de vidro.
-
Produto feito en Galicia
A alternativa máis saudable co mesmo gusto de sempre

Garavanzos, cebola, tomate, cenoria, aceite de oliva virxe extra, pemento, espinacas, calabizo, auga de cocción, allo e sal.
Quentar e listo!
Un prato de culler sinxelo, cómodo, saudable e nutritivo.
A mellor alternativa nos días en que non tes tempo ou ganas de cociñar, ou che esqueciches de poñer en remollo os legumes ou para levarcho ao traballo ou de excursión.
Escolle como quentalo e nuns minutos gozarás deste saboroso prato de culler.
Ó baño María
En pota / tarteira
No microondas

Con selo ecolóxico
Produción ecolóxica
Unicamente elaboramos os nosos produtos con selo ecolóxico cando dispoñemos de materia prima certificada ecolóxica, durante uns meses ao ano e sendo a produción limitada.
O CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia) é o organismo oficial de Galicia que nos certifica como operador ecolóxico para poder elaborar estas referencias.
Ingredientes
Os ingredientes do calabizo ecolóxico son provenientes de cultivo ecolóxico.
Como degustar?
Goza de calabizo ecolóxico e prepárao á prancha, á grella ou inclúeo como ingrediente en múltiples receitas que lle darán un sabor incrible!
Onde atopalos?
Calabizo ecolóxico non está dispoñible na nosa tenda en liña.
Atopa a túa tenda ecolóxica máis próxima e non deixes de probalo!
Onde atopalos?
Calabizo ecolóxico e a potaxe ecolóxica de Garavanzos con calabizo non están dispoñibles na nosa tenda en liña.
Atopa a túa tenda ecolóxica máis próxima
e non deixes de probalos.
Os nosos premios
PREMIO Á "STARTUP MÁIS INNOVADORA". FEBREIRO 2019
Premios de Acción Culinaria
CENTRO CULINARIO VASCO
PREMIO AO PRODUTO INNOVADOR DO ANO 2016
Premios CLUSAGA Galicia Food
CLÚSTER ALIMENTARIO DE GALICIA
Goza agora dos produtos Calabizo
Non precisa frío
Sen Aditivos
Sen soia /
sen glute
Sen colesterol
Baixo en calorías
Rico en fibra
Non precisa frío
Sen Aditivos
Sen soia /
sen glute
Sen colesterol
Baixo en calorías
Rico en fibra