Calabizo, explosión de sabor
100% vexetal
Envío gratuíto desde 60 €
Para España e Portugal (excepto as illas)
Ponlle sabor aos teus pratos!
Calabizo ofréceche alternativas 100% vexetais para que goces dos sabores de sempre, dunha forma saudable e nutritiva. Proba o noso famoso ‘ calabizo’ e a potaxe de garavanzos con calabizo!
Aposta por Calabizo nas túas receitas e goza de alimentos respectuosos co mundo animal e o medioambiente mentres coidas da túa saúde e a dos teus!

Descobre un mundo de sabor vexetal
Nutritivos e saborosos, os produtos Calabizo son 100% vexetais. Elabóranse en Galicia de maneira tradicional, con materia prima de calidade e sen utilizar aditivos de ningún tipo. O noso embutido de cabaza e a potaxe de garavanzos con calabizo, sorprenden a todos os padais, polo seu sabor único e auténtico.
Alimentos innovadores con todo o sabor tradicional!

Saudables
Ricos en vitaminas, fibra e antioxidantes, con gran achega nutritiva e poucas calorías.

Sostibles
Con ingredientes vexetais e de proximidade facemos unha contorna máis sostible para todos.

Somos produtoras
Elaborados en Galicia, con materia prima nacional e baseándonos nas receitas tradicionais.
Inspírate coas nosas receitas!


