Calabizo en Radio Galega
A campaña de apoio ao rural ‘Parte de ti’ dá a coñecer, por segundo ano, as historias de produtoras e produtores que apostan por este modo de vida. Falamos con Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste ‘Eu rural’, e Edurne Sendra, cofundadora de Calabizo. Esta última é unha empresa que comercializa chourizo de cabaza elaborado ao xeito tradicional.